yalova escort kutahyabayanescortlari.net
ES | GAL 
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
  TODAS   CONVOCATORIAS   NOTICIAS   NOTAS DE PRENSA 
07/08/2014
Servizos de Apoio ás Pemes Comerciais Galegas
 






SERVIZOS DE APOIO ÁS PEMES COMERCIAIS GALEGAS

PROGRAMA DE ASESORAMENTO A NOVOS EMPRENDEDORES E SERVIZO DE XEOMERCADOTECNIA COMERCIAL
Co obxectivo de fomentar a creación de novas pemes comerciais dende a Cámara de Comercio préstase asesoramento e apoio a un novo emprendedor que esté interesado en montar o seu propio negocio. 

Fase 1: Asesoramento ao emprendedor en todo o relativo á posta en marcha do seu negocio (trámites, axudas, lexislación, fórmulas comerciais, etc.) e informe de Xeomercadotecnia polo que se informa ao emprendedor sobre o lugar idóneo para abrir o establecimento unha vez comprobadas diferentes variables como o número de clientes potenciais na zona elixida, información sobre a competencia ou comparar dúas zonas para tomar a decisión acertada. 

Fase 2: Si o novo emprendedor se decide a montar a peme comercial a Cámara lle prestará asesoramento e tramitará toda a documentación necesaria para a posta en marcha efectiva da peme comercial.

PROGRAMA DE APOIO AO RELEVO COMERCIAL
Consiste na recepción de solicitudes e información, no estudio de viabilidade comercial do establecemento aos implicados no relevo comercial e tutorización do novo titular da peme comercial.
Elaborarase un estudo de viabilidade e unha valoración económica do negocio e tamén do local no que se indicarán todos os aspectos relevantes do mesmo.
Unha vez concretada unha transmisión a Cámara lle dará asesoramento xurídico ás dúas partes interesadas respecto ao contrato de traspaso e a tódolos trámites necesarios para deixar a actividade por un lado, e ós trámites precisos para manter ou poñer en marcha a actividade á que se vai a dedicar o adquirinte.
Feita a transmisión a Cámara prestará apoio e tutorizará durante a primeira semana ao novo responsable do establecemento sobre distintas técnicas de marketing.

PROGRAMA DE INICIACIÓN AO COMERCIO ELECTRÓNICO E REDES SOCIAIS
Actualmente o comercio electrónico e as redes sociais están en auxe. As pemes comerciais non deben deixar pasar a oportunidade de crecemento que lle ofrecen tanto o comercio electrónico, onde poden crecer as súas ventas, como as redes sociais, lugar de interacción cos potenciais consumidores. Realizarase un Taller de introducción ás redes sociais e ao comercio electrónico de dúas horas e media.

PROGRAMA DE ASESORAMENTO AO COMERCIO NO PUNTO DE VENDA
As actuacións contempladas neste programa teñen por obxecto conseguir que os comercios se consoliden, crezcan e se adapten aos novos hábitos do cliente, que cambian continuamente. Realizaranse diversas técnicas de mercadotecnia e mentoring no punto de venta co fin de apoiar ao comerciante que desexe mellorar e evolucionar o seu comercio sen perder a esencia e tradición.
Realizarase unha análise DAFO, elaboraranse unha serie de consellos e recomendacións para mellorar o punto de venda, e finalmente realizarase un control de cumplimento e informe final.

ESTUDO DE SITUACIÓN DAS PRAZAS DE ABASTOS
Farase un estudo das 14 prazas de abastos da Demarcación da Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa para obter unha imaxe actual das mesmas.

+ información e solicitudes de participación: n.barreiro@camaravilagarcia.com

 

 

   
 Axudas e subvencións
30
DEC
Axudas comercio retallista e artesanal

ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesi&

29
DEC
Axudas para a execucin de accins de promocin exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas)

  RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se lle dá publicidade ao ac

29
DEC
Axudas promocin do emprego autnomo

ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a p

29
DEC
Axudas a novos emprendedores

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade ao acordo do Cons

¿Qué é a Cámara?  |  Perfil do Contratante  |  Contacto  Contacto  |  Aviso Legal    
Avda. Doctor Tourón, 46 • 36600 VILAGARCÍA DE AROUSA • Pontevedra • Tlf 986 56 52 86