yalova escort kutahyabayanescortlari.net
ES | GAL 
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
  TODAS   CONVOCATORIAS   NOTICIAS   NOTAS DE PRENSA 
21/03/2013
A Cámara de Comercio evita as sancións por carecer de guías de circulación en Portugal
 

 

Vilagarcía de Arousa, 19/03/2013. A Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa asesorou e axudou as empresas da Demarcación Cameral a tramitar a guía de circulación ante a Alfándega de Portugal. Esta guía legaliza a admisión temporal de vehículos de uso profesional en territorio portugués e a falta de posesión da devandita Guía supoñía multas superiores a 500 euros.
Ao mesmo tempo, as Cámaras de Comercio de Galicia, en defensa dos intereses das nosas empresas, xestionaron a supresión da devandita obrigatoriedade. Finalmente, tras este labor institucional, a Axencia Tributaria e Alfandegueira lusa rectificou e só manterá esta esixencia aos cidadáns portugueses que traballen en empresas españolas e circulen por Portugal con coches das devanditas empresas.
A Cámara de Comercio vilagarciana puido axudar ás súas empresas na libre circulación de profesionais e mercadorías na área transfronteiriza, por o que informa da baixa do servizo "Tramitación de Guías de Circulación en Portugal", ata este momento requirido pola normativa do país veciño.
Dende a Cámara seguirase defendendo os intereses e dereitos das empresas galegas, e en especial, das empresas da nosa Demarcación, e ofrecendo ao mesmo tempo os servizos necesarios para facilitar o día a día dos nosos empresarios, a súa actualización, a súa supervivencia, e a facilidade de servizos técnicos específicos nas diferentes áreas de interese.
Hai poucos días a Cámara lanzaba un catálogo de novos servizos e vantaxes para os seus socios, que toda empresa ou empresario particular poden consultar e informarse nas oficinas camerais ou a través da web www.camaravilagarcia.com.
   
 Axudas e subvencións
30
DEC
Axudas comercio retallista e artesanal

ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesi&

29
DEC
Axudas para a execucin de accins de promocin exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas)

  RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se lle dá publicidade ao ac

29
DEC
Axudas promocin do emprego autnomo

ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a p

29
DEC
Axudas a novos emprendedores

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade ao acordo do Cons

¿Qué é a Cámara?  |  Perfil do Contratante  |  Contacto  Contacto  |  Aviso Legal    
Avda. Doctor Tourón, 46 • 36600 VILAGARCÍA DE AROUSA • Pontevedra • Tlf 986 56 52 86