yalova escort kutahyabayanescortlari.net
ES | GAL 
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
Programa Innocámaras

                                     


A Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa, xunto co Consejo Superior de Cámaras de Comercio, Industria y Navegación de España e a colaboración da Xunta de Galicia, puxo en marcha o Programa InnoCámaras.

Este Programa ten como obxectivo principal promover a participación das Pemes da Demarcación, mediante a integración da innovación nas súas estratexias empresariais como ferramenta competitiva clave para contribuir á mellora da súa competitividade.

Para isto, impulsará a adopción, por parte destas, de metodoloxías que permitan incorporar a innovación de modo sistemático a súa actividade habitual.
 

DESCRIPCIÓN DO PROGRAMA

As empresas que se adhiran ao Programa InnoCámaras, podrán beneficiarse de dúas fases:

Fase I: Diagnóstico Asistido de Innovación (DAI). Nesta fase realizase un diagnóstico asistido en materia de innovación que permite coñecer a situación competitiva da empresa destinataria, no seu entorno económico e de mercado.

Para a execución do DAI, o Programa conta con tutores de innovación especializados e formados na metodoloxía do Programa.

Gastos subvencionables: Esta fase é gratuita para a empresa participante (100% SUBVENCIONADA) e é prefinanciado pola Cámara de Vilagarcía de Arousa.

Fase II: Plan de Apoio á Cooperación en Innovación. Unha vez finalizada a fase de diagnóstico, iníciase unha fase de proceso na cual asesores especialistas homologados para dito Programa, asistirán ás PEMEs na incorporación de solucións e métodos de xestión da innovación detectados no DAI.

Gastos subvencionables: gastos directos dos servizos de asesoría e consultoría proporcionados polo asesor homologado (mínimo 10 horas e máximo 50 horas), así como outros gastos e inversións asociados ao desenvolvemento do Plan, detallados no Anexo “Inversións e Gastos elexibles”.

Nesta fase a empresa obterá unha axuda do 80% da inversión, dun gasto máximo de 6.000€ (IVA non incluido). Esta cantidade porá aumentarse ata 12.000 €, previa xustificación do asesor e validación da Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa

DESTINATARIOS

Autónomos, microempresas, pequenas ou medianas empresas, según definicións recollidas na Recomendación da Comisión 2003/361/CE do 6 de maio de 2003.

ACCIÓNS TRANSVERSAIS COMPLEMENTARIAS

Os plans individuais de apoio son reforzados por un conxunto de accións transversais de fomento e difusión da cultura da innovación e do coñecemento entre as empresas destinatarias do Programa.

PORTAL TUTORIZADO DE INNOVACIÓN

http://www.innocamaras.org/


DESCARGAR DOCUMENTACIÓN

Convocatoria de Axudas
Anexo I - Características dos Plans de Apoio á Innovación
Anexo II - Convenio de participación
Anexo III - Solicitude de participación empresas

   
 Axudas e subvencións
30
DEC
Axudas comercio retallista e artesanal

ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesi&

29
DEC
Axudas para a execucin de accins de promocin exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas)

  RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se lle dá publicidade ao ac

29
DEC
Axudas promocin do emprego autnomo

ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a p

29
DEC
Axudas a novos emprendedores

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade ao acordo do Cons

¿Qué é a Cámara?  |  Perfil do Contratante  |  Contacto  Contacto  |  Aviso Legal    
Avda. Doctor Tourón, 46 • 36600 VILAGARCÍA DE AROUSA • Pontevedra • Tlf 986 56 52 86