yalova escort kutahyabayanescortlari.net
ES | GAL 
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
Plan de Desarrollo Tecnológico InnoCámaras-TICCámaras

    

A Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa, xunto co Consello Superior de Cámaras de Comercio, Industria e Navegación de España, puxo en marcha o "Plan de Desarrollo Tecnológico – InnoCámaras-TICCámaras" no marco do Programa Operativo “Investigación, Desarrollo e Innovación por y para las Empresas – Fondo Tecnológico” con aplicación no territorio nacional, estando cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa.

Este Programa ten como obxectivo impulsar a incorporación sistemática das TIC á actividade habitual das pemes, como ferramientas competitivas claves na súa estratexia, así como maximizar as oportunidades que ofrecen para mellorar a súa productividade e competitividade.

Descripción do programa
O Programa materializase a través das seguintes accións de apoio directo


- Fase I:
Diagnóstico Asistido de TIC (DAT). Nesta fase, inclúese un sistema de diagnóstico asistido e personalizado. Consiste na realización dunha análise exhaustiva do nivel de dixitalización da empresa que permite coñecer o esquema e situación do nivel de competitividade da mesma no seu entorno económico e de mercado así como identificar as súas necesidades tecnolóxicas (alineadas coas súas necesidades estratéxicas e operativas).
Gastos subvencionables: Esta fase é gratuita para a empresa participante (100% SUBVENCIONADA) e é prefinanciada pola Cámara de Vilagarcía de Arousa.


- Fase II:  Implantación. Tras a súa participación na primeira fase do Programa, unha vez que a empresa conta co diagnóstico e o correspondente Plan Personalizado de Implantación consensuado, as empresas que se encontren interesadas en avanzar no proceso iniciarán unha segunda fase na que, proveedores rexistrados, externos ás Cámaras, realizarán a implantación das solucións que as empresas beneficiarias desexen implantar, recollidas no Plan Personalizado de Implantación 
Gastos subvencionables: O coste elexible asociado á implantación das solucións incluidas na fase II será variable en cada caso, estimándose un máximo de 7.000 € (IVE non engadido), sendo prefinanciados na súa totalidade pola empresa destinataria, quen recuperará o 80% do coste elexible asociado á inversión realizada según os térmos e cuantías acordados no seu plan de implantación, sempre e cando se xustifique a inversión realizada nos térmos e prazos acordados.
 

Destinatarios
Con carácter xeral, porán ser beneficiarios das axudas as Pemes (incluindo microempresas e autónomos), según a definición recoxida na Recomendación da Comisión 2003/361/CE de 6.5.03 (DOCE L 124 de 20.5.03) que teñan o seu domicilio social e/ou centro productivo no ámbito da demarcación da Cámara de Vilagarcía de Arousa.

Xornada
Aproveita as redes sociais para vender por internet
 3 de novembro de 2014                              + información
 
   
 Axudas e subvencións
30
DEC
Axudas comercio retallista e artesanal

ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesi&

29
DEC
Axudas para a execucin de accins de promocin exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas)

  RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se lle dá publicidade ao ac

29
DEC
Axudas promocin do emprego autnomo

ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a p

29
DEC
Axudas a novos emprendedores

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade ao acordo do Cons

¿Qué é a Cámara?  |  Perfil do Contratante  |  Contacto  Contacto  |  Aviso Legal    
Avda. Doctor Tourón, 46 • 36600 VILAGARCÍA DE AROUSA • Pontevedra • Tlf 986 56 52 86