yalova escort kutahyabayanescortlari.net
ES | GAL 
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
Plan Comercio Minorista 2014

PLAN INTEGRAL DE APOIO Á COMPETITIVIDADE DO COMERCIO MINORISTA 2014

  

DOSSIER DE EMPRESA 

A Cámara acompaña ao vendedor no proceso de traspaso do seu negocio elaborando o Dossier de empresa. O Dossier de empresa é un documento que recolle a información compreta, detallada, actual e contrastada da situación do negocio. É un elemento comercial fundamental para atraer potenciais compradores do negocio.
 
Tamén acompañará ao emprendedor/ainteresado/a no trapaso do comercio, axudándoo durante todo o proceso.


PROGRAMA DIAGNÓSTICO PUNTO DE VENDA
O Diagnóstico Punto de Venda consiste na realización dun profundo análise de distintos aspectos do establecemento comercial co fin de coñecer a estrutura da súa xestión comercial, e os puntos fortes e débiles para proporcionar ao comerciante unha serie de recomendacións técnicas para a optimización da xestión do seu establecemento. 
Os obxectivos específicos do Diagnóstico do Punto de Venda son: 
  Coñecer o estado actual do comercio
  Evaluar a calidade e eficiencia dos seus métodos de xestión en tódalas áreas da actividade comercial
  Identificar problemas e riscos existentes e anticiparse para resolvelos
  Servir de ferramenta práctica para a introducción de cambios reais na xestión comercial
  Analizar as inversións e os custes do comercio para incrementalos rendementos
 
O Diagnóstico realizase de forma asistida no punto de venda por un técnico-consultor. 
A partir do Diagnóstico Punto de Venda realizado, os comerciantes interesados tendrán a posibilidade de dispoñer dun Plan Tutorial de Xestión no seu punto de venda. O consultor orientará, durante un periodo determinado, os esforzos e inversións en unha ou varias das áreas que sean de maior interés para o comerciante. 
A posta en práctica das accións de mellora no punto de venda, traducese a curto prazo en beneficios directos, como resultado de aumentar as vendas e a satisfacción dos clientes. 
Estos beneficios divídense en función das cuatro áreas temáticas, nas que se dividen os Plans Tutoriais: 

Plan A - Escaparatismo e visual merchandising
Plan B - Xestión Estratéxica da Superficie de Vendas
Plan C - Xestión Estratéxica do Lineal Desenvolvido
Plan D - Comunicación e promoción de vendas 
 
Este Programa está dirixido a autónomos, microempresas, pequenas ou medianas empresas dadas de alta na rama de actividade 47- Comercio polo miúdo, excepto de Vehículos de Motor e Motocicletas.
 
 
PLANS TUTORIAIS DE XESTIÓN NO COMERCIO 

Os Plans Tutoriais xorden da necesidade de dotar dunha ferramenta de maior profundidade a determinados parámetros analizados no Diagnóstico do Punto de Venda, tendo en conta que a mellora destos parámetros supoñen puntos estratéxicos para lograr unha maior competitividade do comercio, a través da posta en práctica e de forma asistida por consultores especializados, aquelas accións relacionadas co marketing del punto de venta y el merchandising. 
O obxectivo é identificar os puntos críticos ou aspectos desfavorables que afectan negativamente á competitividade do comercio, e convertilos en factores claves de éxito, mediante a realización dun efectivo plan de acción para por en marcha as técnicas e estratexias coas cales mellorar a posición competitiva do establecemento comercial, dando como resultado final o incremento das vendas, a rentabilidade e o aumento da satisfacción dos clientes. 
Os Plans Tutoriais supoñen unha ferramienta estratéxica para a competitividade do comercio minorista, xa que saber definir, analizar e valorar os parámetros máis importantes do punto de venda suporá unha clara ventaxa para poder crecer superando dificultades, mediante o coñecemento e o control das técnicas e estratexias de marketing aplicadas ao punto de venda. 

Áreas nas que se dividen os Plans Tutoriais:

Plan A: Escaparatismo e visual merchandising
Plan B: Xestión Estratéxica da superficie de vendas
Plan C: Xestión Estratéxica do Lineal Desenvolvido
Plan D: Comunicación e promoción de vendas 
 
+ información e solicitudes: cinterior@camaravilagarcia.com
 
 
   
 Axudas e subvencións
30
DEC
Axudas comercio retallista e artesanal

ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesi&

29
DEC
Axudas para a execucin de accins de promocin exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas)

  RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se lle dá publicidade ao ac

29
DEC
Axudas promocin do emprego autnomo

ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a p

29
DEC
Axudas a novos emprendedores

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade ao acordo do Cons

¿Qué é a Cámara?  |  Perfil do Contratante  |  Contacto  Contacto  |  Aviso Legal    
Avda. Doctor Tourón, 46 • 36600 VILAGARCÍA DE AROUSA • Pontevedra • Tlf 986 56 52 86