yalova escort kutahyabayanescortlari.net
ES | GAL 
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
PAEM

 
Programa de Apoio Empresarial as Mulleres







Programa de Apoio Empresarial ás Mulleres está promovido polo Instituto da Muller, organismo dependente do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e as Cámaras de Comercio co apoio económico do Fondo Social Europeo.

Ten como obxectivo sensibilizar ás mulleres e a súa contorna cara ao autoemprego e a actividade empresarial. É un instrumento eficaz para a creación e a consolidación de empresas lideradas por mulleres. O programa conta co apoio financeiro do Fondo Social Europeo.

É un programa dirixido a mulleres:
 

  • Con inquietude emprendedora
  • Cunha idea ou proxecto de negocio
  • Cun plan de modernización ou ampliación

Unha aposta pola emprendedora

O Programa de Apoio Empresarial ás Mulleres está deseñado para apoiar as iniciativas de mulleres con inquietude emprendedora, en calquera fase do seu proxecto, tanto no inicio da idea empresarial como na súa posta en marcha e consolidación.

Un apoio á Empresaria

O programa proporciona información e asesoramento para que as empresarias estean en condicións de ser competitivas mediante a modernización ou ampliación das súas empresas

Unha rede de gabinetes de apoio

Para facilitar o acceso ao Programa, creouse unha Rede de Gabinetes de Apoio Técnico, situados en máis de 50 Cámaras de Comercio. Contan con persoas expertas, especialmente preparadas para o asesoramento personalizado

Un servizo on-line de información e asesoramento

O Programa dispón dun servizo de información e asesoramento "on-line"
(www.e-empresarias.net), capaz de responder de forma rápida e personalizada a diversas cuestións sobre xestión empresarial de emprendedoras e empresarias. Contén, ademais, un boletín informativo e un mapa de axudas. Así mesmo, ofrece unha guía de autodiagnóstico e a posibilidade de contactar con outras empresarias.

Descargar Ficha PAEM

Se desexa realizar algunha consulta sobre o Programa de Apoio Empresarial ás Mulleres, envíenos un correo electrónico a paem@camaravilagarcia.com

 

   
 Axudas e subvencións
30
DEC
Axudas comercio retallista e artesanal

ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesi&

29
DEC
Axudas para a execucin de accins de promocin exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas)

  RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se lle dá publicidade ao ac

29
DEC
Axudas promocin do emprego autnomo

ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a p

29
DEC
Axudas a novos emprendedores

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade ao acordo do Cons

¿Qué é a Cámara?  |  Perfil do Contratante  |  Contacto  Contacto  |  Aviso Legal    
Avda. Doctor Tourón, 46 • 36600 VILAGARCÍA DE AROUSA • Pontevedra • Tlf 986 56 52 86