A Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa é unha Corporación de Dereito Público, regulada pola Lei 3/1993, Básica das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación (descargar) e a Lei 5/2004, de 8 de xullo, de Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación de Galicia (descargar). A misión principal é a defensa dos intereses xerais do comercio, a industria e a navegación das empresas da súa Demarcación.
A Cámara é un órgano consultivo das distintas administracións, correspondéndolle por Lei ser oída naquelles asuntos que, estando relacionados coa vida económica, afecten ós intereses xerais que ten encomendados.