yalova escort kutahyabayanescortlari.net
ES | GAL 
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
  TODAS AS AXUDAS  INTERNACIONALIZACIN  INNOVACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS  FORMACIÓN
  COMERCIO  TURISMO  CREAC. EMPRESAS E EMPRENDEDORES  M. AMBIENTE, CALIDADE E PRL
  CRÉDITOS  EMPREGO  OUTRAS
Habilitación de Empresas no Programa BIOMCASA II
 
Resolución do 12 de decembro de 2013, publicada no BOE nº 12, do 14 de xaneiro de 2013.

 

Obxectivos
O Programa BIOMCASA II pretende impulsar a configuración dunha oferta de calidade e adaptada ás necesidades dos usuarios potenciais, todo iso a partir do aproveitamento enerxético da enerxía xeotérmica.
 
Requisitos para a habilitación no Programa
Empresas, persoas físicas ou xurídicas, tanto de dereito privado como público, que actúen no sector do aproveitamento enerxético da biomasa e que poidan actuar como empresas de servizos enerxéticos.
 
PARA estes efectos, enténdese como empresa de servizos enerxéticos aquela que leve a cabo os seguintes servizos:
 
·         Deseño básico e de detalle das instalacións.
·         Subministración, montaxe e posta en marcha de instalacións con capacidade chave en man.
·         Operación e mantemento de instalacións.
·         Subministración de combustible.
·         Facturación de servizos, conforme a enerxía subministrada polas instalacións.
 
Duración da habilitación
A habilitación acordarase polo prazo de vixencia do Programa, sempre e cando exista presuposto dispoñible asociado a este.
 
Dereitos e obrigas das empresas habilitadas
 
As empresas habilitadas comprométense e obrigan, en relación a todos os proxectos que executen, incluídos os non financiados polo programa:
  • Cumprir con todos os requisitos do RITE.
  • Cumprir cos requisitos establecidos na normativa que afecta aos proxectos, tanto na súa fase coma na súa execución, operación e mantemento.
  • Informar trimestralmente o IDAE sobre as características técnicas e económicas de todos os proxectos relativos ao uso de biomasa térmica.
  • Incluír nos contratos cos usuarios, a renuncia por parte destes a realizar calquera reclamación a IDAE por incumprimento de ao empresa habilitada.
  • Cando unha instalación presente problemas, de calquera tipo, estea ou non financiada acreditarase ao IDAE as subsanacións aos problemas presentados.
 
Financiamento de proxectos
As empresas habilitadas poderán contar con financiamento por parte do IDAE, nas seguintes condicións:
 
O límite máximo de financiamento por proxecto será o importe menor dos seguintes:
 
 
1.    Ata 800 € por kW de potencia instalada, segundo a tipoloxía do proxecto:
·         T1: límite de 600 €/kW
·         T2: límite de 400 €/kW
·         T3: límite de 800 €/Kw
·         T4: límite de 700 €/Kw
·         T5: límite de 500 €/Kw
·         T6: límite de 800 €/Kw
 
2.    Límite absoluto de financiamento por proxecto individual: 350.000 €.
 
Límite máximo de financiamento acumulado por empresa habilitada: 1 millón de euros (ou o indicado na resolución de habilitación).
 
Tipo de interese a aplicar aos importes pendentes de amortización: EURIBOR +4,5 puntos porcentuais.
 
Comisión de apertura, estudio e cancelación: exento.
 
Prazo máximo de amortización dos empréstitos: 12 anos (incluído un período de carencia opcional dun ano). A forma de amortización adaptarase ao proxecto financiado.
 
Garantías a prestar pola empresa habilitada (para cada un dos proxectos a financiar):
  • Peñoramento dos dereitos de cobramento sobre a enerxía producida polo proxecto.
  • Compromiso de amortización polo importe de calquera subvencións que puidese recibir o proxecto.
  • Aval bancario polo 10% do financiamento. Queda exentas de presentación deste aval, aqueles financiamentos de proxectos o usuario final dos cales sexa unha ou varias comunidades de veciños.
 
Presentación e prazo
As solicitudes presentaranse no IDAE, dirixidas ao Director Xeral, mediante o modelo que figura no Anexo II da Resolución.
 
Aberto ata finalización do Programa BIOMCASA II.
 
Este resumo é meramente informativo. Prégase consulten a resolución correspondente.
 
   
 Axudas e subvencións
30
DEC
Axudas comercio retallista e artesanal

ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesi&

29
DEC
Axudas para a execucin de accins de promocin exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas)

  RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se lle dá publicidade ao ac

29
DEC
Axudas promocin do emprego autnomo

ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a p

29
DEC
Axudas a novos emprendedores

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade ao acordo do Cons

¿Qué é a Cámara?  |  Perfil do Contratante  |  Contacto  Contacto  |  Aviso Legal    
Avda. Doctor Tourón, 46 • 36600 VILAGARCÍA DE AROUSA • Pontevedra • Tlf 986 56 52 86