yalova escort kutahyabayanescortlari.net
ES | GAL 
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
  TODAS AS AXUDAS  INTERNACIONALIZACIN  INNOVACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS  FORMACIÓN
  COMERCIO  TURISMO  CREAC. EMPRESAS E EMPRENDEDORES  M. AMBIENTE, CALIDADE E PRL
  CRÉDITOS  EMPREGO  OUTRAS
Bases reguladoras da concesión de axudas para o financiamento de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal.
 
Orde do 27 de decembro de2011 publicada no DOGA o 5 de xaneiro de 2012

 

Obxecto:

     Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas para a realización de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario e forestal.

Beneficiarios das axudas e outros axentes cooperantes:

     Organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria en agricultura e/ou silvicultura e empresas ou industrias transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.

     Terán a condición de axentes cooperantes nas accións propostas polos beneficiarios das axudas os seguintes:

a

Produtores do sector agroforestal e as súas asociacións e outras organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria.

b

Centros de investigación e experimentación da Consellería del Medio Rural e centros tecnolóxicos participados por ela, así como outros centros públicos de investigación da comunidade autónoma.

Requisitos dos solicitantes:

Ter o seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Realizar a actividade obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

Estar ao día nas súas obrigas tributarias coa Seguridade Social.

Non ter contraída débeda coa Xunta de Galicia.

Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitada para a obtención pública ou para contratar co Estado, coas comunidades autónomas ou outros entes públicos.

Actividades subvencionables:

     As propostas deberán adecuarse ás seguintes temáticas:

Iniciativas de cooperación que ofrezan saídas alternativas ou incrementen o valor engadido dos produtos agrarios e os seus transformados.

Iniciativas de cooperación que introduzan melloras ambientais en procesos e tecnoloxías de produción e transformación agroalimenaria.

Iniciativas de cooperación que permitan o desenvolvemento de fontes renovables de enerxía de orixe agraria e forestal en Galicia.

Conceptos susceptibles de axuda:

     Actividades preparatorias, incluídos o deseño, desenvolvemento e ensaio de produtos, procesos e tecnoloxías e os investimentos materiais e inmateriais relacionados coa cooperación antes da aplicación dos novos produtos, procesos e tecnoloxías desenvolvidas con propósitos comerciais por parte dos beneficiarios.

 

Este resumo é meramente informativo. Prégase consulten a orde correspondente

 

   
 Axudas e subvencións
30
DEC
Axudas comercio retallista e artesanal

ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesi&

29
DEC
Axudas para a execucin de accins de promocin exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas)

  RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se lle dá publicidade ao ac

29
DEC
Axudas promocin do emprego autnomo

ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a p

29
DEC
Axudas a novos emprendedores

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade ao acordo do Cons

¿Qué é a Cámara?  |  Perfil do Contratante  |  Contacto  Contacto  |  Aviso Legal    
Avda. Doctor Tourón, 46 • 36600 VILAGARCÍA DE AROUSA • Pontevedra • Tlf 986 56 52 86