yalova escort kutahyabayanescortlari.net
ES | GAL 
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
  TODAS AS AXUDAS  INTERNACIONALIZACIN  INNOVACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS  FORMACIÓN
  COMERCIO  TURISMO  CREAC. EMPRESAS E EMPRENDEDORES  M. AMBIENTE, CALIDADE E PRL
  CRÉDITOS  EMPREGO  OUTRAS
Liñas de avais do Igape para facilitar ás empresas galegas o acceso a financiamento operativo adicional, instrumentadas mediante convenio coas entidades colaboradoras
 
Resolución do 6 de maio de 2011, publicada no DOGA o 13 de maio de 2011
 
 
 
Obxecto:
     Liña de avais do Igape para facilitar o acceso a financiamento operativo adicional.
Beneficiarios:
     As empresas con domicilio social e fiscal en Galicia, que non se atopen en situación de crise, que creen ou manteñan emprego directo, e que presenten un proxecto obxecto de financiamento avalado que sexa considerado viable, dentro dos límites de risco asumibles polo Igape.
     Non poderán ser beneficiarias das garantías previstas nas bases as empresas o único obxecto social das cales sexa a compravenda de bens inmobiliarios ou activos financeiros.
Características das liñas de financiamento:
     O Igape poderá garantir operacións de financiamento novas, excluíndose expresamente a substitución de créditos bancarios preexistentes, salvo nos casos previstos no artigo 6 da orde. Cada unha das operacións poderá ser concedida por unha entidade financeira ou ben por un sindicato bancario.
     Poderanse avalar as seguintes modalidades de operacións financeiras:
1
Contas de crédito
 
     Os fondos dispostos destas contas de crédito deberán ser utilizados para o financiamento de circulante, entendendo como tal o pagamento de nóminas dos traballadores, impostos, seguridade social, aluguer, leasing, provedores, acredores por prestación de servizos, reparacións e, tamén os vencementos de débedas bancarias tales como cotas de empréstitos a longo prazo, cotas de leasing ou similares. En ningún caso se poderán aplicar a financiar investimentos.
 
     O Igape responderá de ata o 50% do saldo disposto, unha vez cumpridos os requisitos de execución.
2
Liñas de crédito para o adianto de efectos comerciais e facturas
 
     Estas liñas permitirán garantir a cesión mercantil ou transmisión dos créditos derivados das vendas a prazo que efectue a empresa beneficiaria, de forma que o comprador ou debedor veña obrigado a satisfacer o seu importe á entidade financeira.
 
     O Igape responderá de ata o 60% dos importes debidos pola beneficiaria á entidade financeira como consecuencia dos impagados que se produzan, unha vez cumpridos os requisitos de execución, e devengarse unha comisión de aval anual a favor do Igape dun 0,50% do importe do aval formalizado.
3
Pólizas de pagamentos a provedores (confirming)
 
     Liñas de xestión do pagamento das súas compras, anticipando as entidades financeiras aos provedores.
 
     O Igape responderá de ata o 70% dos importes debidos á entidade financeira como consecuencia dos descubertos que se produzan, unha vez cumpridos os requisitos de execución, e devengarse unha comisión de aval anual a favor do Igape dun 0,50% do importe do aval formalizado.
4
Pólizas de responsabilidade, liquidación e garantía de operacións mercantís a amparar:
 
A
O bo fin de letras de cambio, cheques, obrigas de pagamento, recibos, facturas, certificacións de obra, anticipo de subvencións e demais documentos civís, mercantís e administrativos, que a entidade financeira desconte, negocio ou anticipe, e nos que a titular figure como librador, endosante, aceptante, avalista, cesionario ou beneficiario.
 
B
O bo fin e completo pagamento das obrigas procedentes de operacións de comercio exterior que os titulares contraian coa entidade financeira, tales como créditos documentarios, cartas de créditos, prefinanciamento e financiamento de exportacións e importacións.
 
C
Avais e fianzas prestadas pola entidade financeira en garantía de terceiros, vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos.
 
     O Igape responderá de ata o 50% dos importes debidos á entidade financeira como consecuencia dos descubertos que se produzan, unha vez cumpridos os requisitos de execución, e devengarse unha comisión de aval anual a favor do Igape DUN 0,50% do importe do aval formalizado.
Importe das operacións:
     A suma das operacións avaladas polo Igape para cada beneficiaria será como mínimo de 300.000 € e como máximo de 3.500.000 &euro.
     En caso de operacións individuais nunha entidade financeira por importe inferior a 300.000 € o seu outorgamento estará condicionado á formalización previa ou simultánea doutras operacións avaladas polo Igape que alcancen o devandito importe mínimo de 300.000 &euro.
Prazos e amortización:
     Con carácter xeral, a vixencia das operacións avaladas será de dous anos, e a vixencia dos avais de tres anos.
     En caso de que a beneficiaria achegue garantías reais para cubrir o risco da operación, a vixencia das operacións avaladas será de catro anos, e o límite máximo da operación avalada reducirase un 25% anualmente a partir do segundo ano de vixencia. A vixencia do aval nestes supostos será de cinco anos dende a data de formalización.
 
 
Este resumo é meramente informativo. Prégase consulten a orde correspondente
 
 
 
   
 Axudas e subvencións
30
DEC
Axudas comercio retallista e artesanal

ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesi&

29
DEC
Axudas para a execucin de accins de promocin exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas)

  RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se lle dá publicidade ao ac

29
DEC
Axudas promocin do emprego autnomo

ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a p

29
DEC
Axudas a novos emprendedores

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade ao acordo do Cons

¿Qué é a Cámara?  |  Perfil do Contratante  |  Contacto  Contacto  |  Aviso Legal    
Avda. Doctor Tourón, 46 • 36600 VILAGARCÍA DE AROUSA • Pontevedra • Tlf 986 56 52 86