ES | GAL 
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
  TODAS AS AXUDAS  INTERNACIONALIZACIÓN  INNOVACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS  FORMACIÓN
  COMERCIO  TURISMO  CREAC. EMPRESAS E EMPRENDEDORES  M. AMBIENTE, CALIDADE E PRL
  CRÉDITOS  EMPREGO  OUTRAS
Habilitación de Empresas no Programa GIT
 
Resolución do 7 de abril de 2011, publicada nol BOE nº 99, de 26 de abril.

 

Obxectivos

     Establecer o procedemento para a habilitación de empresas que, estean interesadas en participar no Programa GIT para a execución de Grandes Instalacións Térmicas na edificación con enerxías renovables.

Requisitos para a habilitación no Programa

     Empresas con personalidade xurídica que conten previamente coa habilitación do IDAE para o programa correspondente á área de actuación (BIOMCASA, SOLCASA ou GEOCASA).

Duración da habilitación

     A habilitación acordarase polo prazo de vixencia do Programa, sempre e cando exista presuposto dispoñible asociado a este.

Tipoloxía de proxectos financiables

     A tipoloxía de proxectos defínese por áreas de actividade que se indican a continuación:

A

Área de biomasa grandes instalacións (BIOMCASA GIT): usuarios que utilicen exclusivamente biomasa como combustible para uso térmico en edificios.

 

E1: Instalacións de xeración de auga quente e/ou calefacción nun edificio.

 

E2: Instalacións de xeración de auga quente e/ou calefacción e refrixeración nun edificio.

 

R1: Instalacións de xeración de calor centralizada, de distribución e de intercambio aos usuarios.

 

R2: Instalacións de xeración de calor e frío centralizados, de distribución e de intercambio aos usuarios.

 

R3: Instalacións de xeración de calor centralizados, de distribución e de intercambio e produción de frío descentralizado aos usuarios (a produción de frío descentralizado deberá estar abastecida por enerxía renovable).

B

Área de soar térmica grandes instalacións (SOLCASA GIT): usuarios que utilicen instalacións con enerxía solar para uso térmico en edificios.

 

S1: Instalacións solares para produción de auga quente sanitaria e/ou climatización de piscinas.

 

S2: Instalacións solares para calefacción, e opcionalmente aplicacións recollidas na tipoloxía S1.

 

S3: Instalacións solares para calefacción e refrixeración, e opcionalmente aplicacións recollidas na tipoloxía S1.

C

Área de enerxía xeotérmica grandes instalacións (GEOCASA GIT): usuarios que usen enerxía xeotérmica para uso térmico e/ou climatización en edificios.

 

G1: Instalacións de xeración de auga quente e/ou calefacción/refrixeración en circuíto aberto, nun edificio con bomba de calor xeotérmica.

 

G2: Instalacións de xeración de auga quente e/ou calefacción/refrixeración en circuíto pechado con intercambio enterrado horizontal, nun edificio.

 

G3: Instalacións de xeración de auga quente e/ou calefacción/refrixeración en circuíto pechado con intercambio vertical, con sondaxes, nun edificio.

 

G4: Instalacións de xeración de auga quente e/ou calefacción/refrixeración con uso directo de enerxía xeotérmica nun edificio.

 

GR1: Instalacións de xeración de calor centralizada, de distribución e de intercambio aos usuarios.

 

GR2: Instalacións de xeración de calor e frío centralizados, de distribución e de intercambio aos usuarios.

 

GR3: Instalacións de xeración de calor centralizados, de distribución e de intercambio e produción de frío descentralizado aos usuarios (a produción de frío descentralizado deberá estar abastecida por enerxía renovable).

Financiamento de proxectos

     As empresas habilitadas poderán contar con financiamento por parte do IDAE, o cal se articulará de forma independente para cada proxecto.

1

O límite máximo de financiamento por proxecto será o 80% do valor da inversión elixible do proxecto. Os límites máximos de inversión elixible, segundo tipoloxía do proxecto, son os seguintes:

 

2

Límite máximo absoluto de financiamento por proxecto individual: 3.000.000 €. E o límite mínimo de financiamento por proxecto individual é de 350.000 €; para proxectos BIOMCASA GIT, 250.000 €; para proxectos SOLCASA GIT e 350.000 €; para proxectos GEOCASA GIT.

     Límite máximo de financiamento acumulado por empresa habilitada: 5.000.000 €.

     Tipo de interese a aplicar aos importes pendentes de amortización: EURIBOR +2,2 puntos porcentuais.

     Comisión de apertura, estudio e cancelación: exento.

     Prazo máximo de amortización dos empréstitos: 10 anos (incluído un período de carencia opcional dun ano).

     Garantías a prestar pola empresa habilitada (para cada un dos proxectos a financiar):

Peñoramento dos dereitos de cobramento sobre a enerxía producida polo proxecto.

Compromiso de amortización polo importe de calquera subvencións que puidese recibir o proxecto.

Aval bancario polo 20% do financiamento ou outra garantía a aprobar polo IDAE polo mesmo importe.

Prazo para presentación

     As solicitudes poderán realizarse simultaneamente coa solicitude de habilitación nos programas mencionados.

     O prazo de presentación estará aberto ata que exista dispoñibilidade de fondos no Programa.

 
 

Este resumo é meramente informativo. Prégase consulten a resolución correspondente.

   
 Axudas e subvencións
19
XU�
Becas do Igape en Comercio Exterior

Prazo de solicitude: un mes dende a publicación no Diario Oficial de Galicia (pub

13
XU�
Axudas para a contratación de xestores de exportación

Resolución do 31 de maio de 2013, publicada no DOG nº112, do 13 de xuño de 2

06
XU�
Axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa)

Resolución do 20 de maio de 2013, publicada no DOG nº 107, do 6 de xuño de 2

06
XU�
Programa de incentivos ás empresas calificadas como iniciativas do emprego de base tecnolóxica (IEBT), cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Orde do 29 de maio de 2013, publicada no DOG nº 107, do 6 de xuño de 2013. Descarg

¿Qué é a Cámara?  |  Perfil do Contratante  |  Contacto  Contacto  |  Aviso Legal    
Avda. Doctor Tourón, 46 • 36600 VILAGARCÍA DE AROUSA • Pontevedra • Tlf 986 56 52 86 • Fax 986 50 06 21