yalova escort kutahyabayanescortlari.net
ES | GAL 
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
  TODAS AS AXUDAS  INTERNACIONALIZACIN  INNOVACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS  FORMACIÓN
  COMERCIO  TURISMO  CREAC. EMPRESAS E EMPRENDEDORES  M. AMBIENTE, CALIDADE E PRL
  CRÉDITOS  EMPREGO  OUTRAS
Habilitación de empresas no programa GEOCASA
 
Resolución do 7 de abril de 2011. publicada no BOE nº 99, de 26 de abril

 

Obxectivos

     O Programa GEOCASA pretende impulsar a configuración dunha oferta de calidade e adaptada ás necesidades dos usuarios potenciais, todo iso a partir do aproveitamento enerxético da enerxía xeotérmica.

Requisitos para a habilitación no Programa

     Empresas, persoas físicas ou xurídicas, tanto de dereito privado como público, que actúen no sector do aproveitamento enerxético da enerxía xeotérmica e que poidan actuar como empresas de servizos enerxéticos.

     Para estes efectos, enténdese como empresa de servizos enerxéticos aquela que leve a cabo os seguintes servizos:

Simulacións xeotérmicas destinadas ás estimacións preliminares, ensaios de resposta térmica do terreo (ERT) ou sondaxes xeotérmicas previas necesarias.

Intercambiador de calor subterránea, incluíndo sondaxes xeotérmicas así como calquera equipo vinculado co bucle subterráneo e todas as obras necesarias para a súa correcta execución.

Obras necesarias para habilitación de locais ou salas de caldeiras preexistentes co fin de adecualas ao sistema xeotérmico.

Se é o caso, bomba de calor e equipos e materiais asociados para a súa correcta operación, incluíndo a súa conexión ao sistema de distribución no edificio ou a súa posible conexión con outros sistemas enerxéticos do edificio.

No seu caso, equipos de aproveitamento xeotérmico directo ou indirecto, incluíndo todos os auxiliares necesarios para a súa correcta operación.

Sistemas de distribución da calor e/ou frío ás distintas estanzas do edificio.

Sistemas eléctricos de control e monitorización.

Obra civil: na que se inclúen escavacións, cimentacións, gabias, urbanización, edificios, etc., sempre que estea directamente relacionada coa compoñente enerxética do proxecto.

Enxeñaría e dirección de obra.

Duración da habilitación

     A habilitación acordarase polo prazo de vixencia do Programa, sempre e cando exista presuposto dispoñible asociado a este.

Tipoloxía de proxectos financiables

  Financiaranse os seguintes proxectos promovidos por empresas habilitadas en GEOCASA:

G1:

Instalacións de xeración de auga quente e/ou calefacción/refrixeración en circuíto aberto, nun edificio.

G2:

Instalacións de xeración de auga quente e/ou calefacción/refrixeración en circuíto pechado con intercambio enterrado horizontal, nun circuíto pechado.

G3:

Instalacións de xeración de auga quente e/ou calefacción/refrixeración en circuíto pechado con intercambio vertical, con sondaxes, nun edificio.

G4:

Instalacións de xeración de auga quente e/ou calefacción/refrixeración con uso directo de enerxía xeotérmica nun edificio.

GR1:

Instalacións de xeración de calor centralizada, de distribución e de intercambio aos usuarios.

GR2:

Instalacións de xeración de calor e frío centralizados, de distribución e de intercambio aos usuarios.

GR3:

Instalacións de xeración de calor centralizados, de distribución e de intercambio e produción de frío descentralizado aos usuarios.

Financiamento de proxectos

     As empresas habilitadas poderán contar con financiamento por parte do IDAE, o cal se articulará de forma independente para cada proxecto.

    O límite máximo de financiamento por proxecto será o importe menor dos seguintes:

1

Ata 2.600 € por kW de potencia instalada, segundo a tipoloxía do proxecto:

 

2

Límite absoluto de financiamento por proxecto individual: 350.000 &euro.

     Límite máximo de financiamento acumulado por empresa habilitada: 1 millón de euros (ou o indicado na resolución de habilitación).

     Tipo de interese a aplicar aos importes pendentes de amortización: EURIBOR +2,2 puntos porcentuais.

     Comisión de apertura, estudio e cancelación: exento.

     Prazo máximo de amortización dos empréstitos: 10 anos (incluído un período de carencia opcional dun ano). A forma de amortización adaptarase a cada proxecto, considerando a xeración de ingresos do proxecto. A amortización poderá ser total ou parcial anticipada da débeda sen penalización nin comisións.

     As axudas a fondo perdido que se reciban para o proxecto financiado, deberán aplicarse á amortización anticipada.

    Garantías a prestar pola empresa habilitada (para cada un dos proxectos a financiar):

Peñoramento dos dereitos de cobramento sobre a enerxía producida polo proxecto.

Compromiso de amortización polo importe de calquera subvencións que puidese recibir o proxecto.

Prazo para presentación

     Ata que estea vixente o devandito Programa

 

Resolución do 7 de abril de 2011, da Secretaría de Estado de Enerxía, pola que se modifica a de 13 de maio de 2010

 

Este resumo é meramente informativo. Prégase consulten a resolución correspondente.

   
 Axudas e subvencións
30
DEC
Axudas comercio retallista e artesanal

ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesi&

29
DEC
Axudas para a execucin de accins de promocin exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas)

  RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se lle dá publicidade ao ac

29
DEC
Axudas promocin do emprego autnomo

ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a p

29
DEC
Axudas a novos emprendedores

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade ao acordo do Cons

¿Qué é a Cámara?  |  Perfil do Contratante  |  Contacto  Contacto  |  Aviso Legal    
Avda. Doctor Tourón, 46 • 36600 VILAGARCÍA DE AROUSA • Pontevedra • Tlf 986 56 52 86