yalova escort kutahyabayanescortlari.net
ES | GAL 
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
  TODAS AS AXUDAS  INTERNACIONALIZACIN  INNOVACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS  FORMACIÓN
  COMERCIO  TURISMO  CREAC. EMPRESAS E EMPRENDEDORES  M. AMBIENTE, CALIDADE E PRL
  CRÉDITOS  EMPREGO  OUTRAS
Habilitación de empresas no programa SOLCASA
 
Resolución do 4 de febreiro de 2011, publicada no BOE nº 81, de 5 de abril.

Obxectivos

     O Programa SOLCASA pretende impulsar a configuración dunha oferta de calidade e adaptada ás necesidades dos usuarios potenciais, todo iso a partir do aproveitamento enerxético da enerxía solar térmica.

Requisitos para a habilitación no Programa

     Empresas, persoas físicas ou xurídicas, tanto de dereito privado como público, que actúen no sector do aproveitamento enerxético da enerxía solar térmica e que poidan actuar como empresas de servizos enerxéticos.

     Para estes efectos, enténdese como empresa de servizos enerxéticos aquela que leve a cabo os seguintes servizos:

Simulacións destinadas ás estimacións preliminares de radiación e contribución solar.

Deseño básico e de detalle das instalacións.

Subministración, montaxe e posta en marcha de instalacións con capacidades chave en man.

Operación e mantemento de instalacións.

Facturación de servizos, conforme a enerxía subministrada polas instalacións.

Duración da habilitación

     A habilitación acordarase polo prazo de vixencia do Programa, sempre e cando exista presuposto dispoñible asociado a este.

Tipoloxía de proxectos financiables

     Financiaranse os seguintes proxectos promovidos por empresas habilitadas en SOLCASA:

S1: Instalacións solares para produción de auga quente sanitaria e/ou climatización de piscinas.

S2: Instalacións solares para calefacción, e opcionalmente aplicacións recollidas na tipoloxía S1.

S3: Instalacións solares para calefacción e refrixeración, e opcionalmente aplicacións recollidas na tipoloxía S1.

     As instalacións deberán realizarse en edificios de calquera uso, que utilicen enerxía solar térmica para uso térmico e/ou climatización, sempre e cando o uso enerxético non sexa para procesos industriais.

Conceptos subvencionables

Sistema de captación solar e sistema de acumulación solar asociado.

Obras necesarias para habilitación de locais ou salas de caldeiras preexistentes co fin de adecualas ao sistema solar térmico.

Equipos necesarios para o correcto aproveitamento da enerxía solar térmica.

Sistema de distribución da calor e/ou frío ás distintas estanzas do edificio.

Sistemas eléctricos de control e monitorización.

Obra civil.

Financiamento de proxectos

     As empresas habilitadas poderán contar con financiamento por parte do IDAE, o cal se articulará de forma independente para cada proxecto.

     O límite máximo de financiamento por proxecto será o importe menor dos seguintes:

1

Ata 1.850 € por kW de potencia instalada, segundo a tipoloxía do proxecto

 

S1: límite de 1.000 €/kW

 

S2: límite de 1.500 €/kW

 

S3: límite de 1.850 €/kW

2

Límite mínimo de financiamento por proxecto individual: 20.000 &euro.

3

Límite absoluto de financiamento por proxecto individual: 250.000 &euro.

     Límite máximo de financiamento acumulado por empresa habilitada: 1 millón de euros (ou o indicado na resolución de habilitación).

     Tipo de interese a aplicar aos importes pendentes de amortización: EURIBOR +2,2 puntos porcentuais.

     Comisión de apertura, estudio e cancelación: exento.

     Prazo máximo de amortización dos empréstitos: 10 anos (incluído un período de carencia opcional dun ano). A forma de amortización adaptarase ás necesidades de cada proxecto, considerando a xeración de ingresos do proxecto. A amortización poderá ser total ou parcial anticipada da débeda sen penalización nin comisións.

Prazo para presentación

     Aberto ata finalización do Programa SOLCASA

 

BASES

CONVOCATORIA

 

Este resumo é meramente informativo. Prégase consulten a resolución correspondente.

 

   
 Axudas e subvencións
30
DEC
Axudas comercio retallista e artesanal

ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesi&

29
DEC
Axudas para a execucin de accins de promocin exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas)

  RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se lle dá publicidade ao ac

29
DEC
Axudas promocin do emprego autnomo

ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a p

29
DEC
Axudas a novos emprendedores

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade ao acordo do Cons

¿Qué é a Cámara?  |  Perfil do Contratante  |  Contacto  Contacto  |  Aviso Legal    
Avda. Doctor Tourón, 46 • 36600 VILAGARCÍA DE AROUSA • Pontevedra • Tlf 986 56 52 86