ES | GAL 
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
  TODAS AS AXUDAS  INTERNACIONALIZACIÓN  INNOVACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS  FORMACIÓN
  COMERCIO  TURISMO  CREAC. EMPRESAS E EMPRENDEDORES  M. AMBIENTE, CALIDADE E PRL
  CRÉDITOS  EMPREGO  OUTRAS
AXUDAS NEOTEC
 

Obxecto

     Apoiar a creación e consolidación de novas empresas de base tecnolóxica en España

Beneficiarios

     Empresas de base tecnolóxica (EBT) con categoría de pequena empresa e con menos de 6 anos de antigüidade.

Tipo de axudas

     Hai dous tipos de axuda ou instrumentos NEOTEC diferenciados en función da idade ou fase do ciclo de vida no que se atopa a EBT:

 

FASE

INSTRUMENTO

BENEFICIARIOS

 

I-Creación de empresa

NEOTEC I

EBT de 0 a 2 anos

II-Consolidación de empresa

NEOTEC II

EBT de 2 a 6 anos

     As características destas fases e os instrumentos de financiamento de cada unha delas a detallas a continuación.

1 - Fase Creación de empresa

     A empresa que solicite axuda para a Fase I deberá ter menos de 2 anos no momento da solicitude. O estudio, a avaliación e a aprobación da proposta por parte de CDTI poden realizarse superados os 2 anos de vida da empresa.

     As novas EBT que soliciten axuda NEOTEC I deberán presentar un plan de empresa a 5 anos, dos cales CDTI poderá financiar como máximo os dous primeiros dende a data de solicitude da axuda. O presuposto mínimo asociado estará en torno aos 240.000 & euro; incluíndo como custos elixibles: investimentos en activos fixos, gastos de persoal, materiais, colaboracións externas, gastos de saída ao Mercado Alternativo Bolsista e outros custos. En ningún caso se financian gastos e investimentos anteriores á solicitude, así como tampouco edificacións.

     CDTI proporcionará, tras unha exhaustiva avaliación, un crédito semente ou axuda NEOTEC de ata o 70% do presuposto do plan de empresa aprobado, cun importe máximo xeral de 350.000 & euro; podendo chegar a 400.000 & euro; en casos de ruptura tecnolóxica, e a 600.000 & euro; no ámbito da biotecnoloxía. O crédito é a tipo de interese cero e sen garantías adicionais.

     CDTI anticipa a empresa, á sinatura do contrato que regula a axuda NEOTEC, entre o 40 e o 60% da axuda aprobada. O resto entregarase á empresa á finalización e xustificación técnica e económica do proxecto-plan de empresa aprobado.

     A empresa devolverá a axuda a CDTI segundo vaia xerando cash-flow positivo. Para iso, a empresa comprométese a facilitar a CDTI anualmente as contas anuais pechadas. A cota anual de devolución será de ata un 20% do cash-flow positivo xerado ata a amortización total do crédito.

II - Fase Consolidación de empresa (NEOTEC II)

     Para solicitar axudas para a Fase II, a empresa deberá ter máis de 2 anos de idade e menos de 6 anos. Polo tanto, as empresas que soliciten axuda para NEOTEC II deberán ter en conta que, á idade da empresa no momento de realizar a solicitude telemática da axuda, se lle deberá engadir o tempo necesario para o estudio, a avaliación e a aprobación da proposta, e a suma de todos eles non deberá superar os 6 anos de vida da empresa.

     As novas EBT que soliciten axuda NEOTEC II deberán presentar un plan de empresa a 5 anos, dos cales CDTI poderá financiar como máximo os dous primeiros dende a data de solicitude da axuda. O presuposto mínimo asociado deberá ter un presuposto mínimo en torno aos 240.000 &euro., incluíndo como custos elixibles: investimentos en activos fixos, gastos de persoal, materiais, colaboracións externas, gastos de saída ao Mercado Alternativo Bolsista e outros custos. En ningún caso se financian gastos e investimentos anteriores á solicitude.

     A axuda NEOTEC II poderá ser de ata o 70% do presuposto aprobado, ata 1.000.000 & euro. O crédito é, ao igual que en NEOTEC I, a tipo de interese cero e sen garantías adicionais.

     As axudas recibidas entre NEOTEC I e NEOTEC II non poderán superar 1.000.000 & euro; polo tanto, as empresas que previamente obtiveron unha axuda NEOTEC I poderán ver minorada a axuda NEOTEC II para non superar este límite.

     CDTI anticipará á empresa, á sinatura do contrato, o 25% da axuda aprobada. O resto entregarase á finalización e xustificación técnica e económica do proxecto-plan de empresa aprobado.

     Ao igual que en NEOTEC I, a empresa devolverá a axuda a CDTI segundo vaia xerando cash-flow positivo. Para iso, a empresa comprométese a facilitar a CDTI anualmente as contas anuais pechadas. A cota anual de devolución será fixa dun 20% do cash-flow positivo xerado ata a amortización total do crédito.

   
 Axudas e subvencións
19
XU�
Axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada.

Orde do 11 de xuño de 2013, publicada no DOG nº 116, do 19 de xuño de 2013.

19
XU�
Becas do Igape en Comercio Exterior

Prazo de solicitude: un mes dende a publicación no Diario Oficial de Galicia (pub

13
XU�
Axudas para a contratación de xestores de exportación

Resolución do 31 de maio de 2013, publicada no DOG nº112, do 13 de xuño de 2

06
XU�
Axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa)

Resolución do 20 de maio de 2013, publicada no DOG nº 107, do 6 de xuño de 2

¿Qué é a Cámara?  |  Perfil do Contratante  |  Contacto  Contacto  |  Aviso Legal    
Avda. Doctor Tourón, 46 • 36600 VILAGARCÍA DE AROUSA • Pontevedra • Tlf 986 56 52 86 • Fax 986 50 06 21