yalova escort kutahyabayanescortlari.net
ES | GAL 
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
Web Cámara de Comercio de Vilagarcía
  TODAS AS AXUDAS  INTERNACIONALIZACIN  INNOVACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS  FORMACIÓN
  COMERCIO  TURISMO  CREAC. EMPRESAS E EMPRENDEDORES  M. AMBIENTE, CALIDADE E PRL
  CRÉDITOS  EMPREGO  OUTRAS
Liña de Prefinanciamento Bancario de proxectos CDTI de I+D+i
 

 

Obxecto

    Pretende, en cofinanciamento con entidades financeiras, potenciar o carácter dinamizador do financiamento que concede o Centro.

Beneficiarios

     Empresas que obtiveran a aprobación dun proxecto CDTI de I+D+i, as cales poderán optar pola anticipación mediante empréstito bancario de entre un 60 e un 75% (segundo proceda) da axuda CDTI concedida.

     Neste segundo suposto (opción polo sistema de anticipación mediante empréstito bancario), o CDTI realizará unha única certificación final á finalización do desenvolvemento do proxecto, a cal determinará o desembolso final complementario do anticipo recibido.

Tipo de apoio

     Empréstito

Requisitos principais

 

Importe do Prefinanciamento

 

     Atendendo á duración da operación de Prefinanciamento, o seu importe establecerase entre un 60% e un 75% da Achega CDTI para prazos de ata dous anos, mentres que para prazos superiores quedará fixado nun 60% da devandita Achega.

 

Vencemento

 

     Fixarase seis meses despois da data prevista para a finalización da fase de desenvolvemento do Proxecto. Existe a posibilidade dunha prórroga adicional de ata 12 meses.

 

Amortización

 

     Única á data do vencemento da operación de Prefinanciamento ou do desembolso da Achega CDTI, cando este feito se produza nun momento anterior ao vencemento.

 

Tipo de Interese

 

     O tipo de interese aplicado pola Entidade Financeira será Euribor 6 meses máis 1 punto porcentual. O devandito tipo de interese será variable con revisión semestral ou anual.

 

Liquidación de Intereses

 

     Mensual ou trimestral.

 

Comisións

 

     Non se poderá aplicar comisión ningunha.

 

Axuda CDTI

 

     O CDTI aboará á Empresa unha axuda por importe dun 2,00% anual sobre o prefinanciamento recibido con cargo a esta Liña, co límite máximo total dun 4,00% acumulado (o equivalente a 2 anos de prefinanciamento). O importe desta axuda aplicarase ao empréstito recibido da Entidade Financeira como amortización anticipada de capital. Unha vez aplicada esta axuda do CDTI, o tipo final resultante para a Empresa será, aproximadamente, do Euribor a 6 meses menos 1 punto porcentual.

 

Decisión da Entidade Financeira

 

     Nun prazo máximo de 20 días hábiles, dende a data de comunicación do CDTI, a Entidade Financeira comunicará a súa decisión vinculante acerca da concesión (ou non) do Prefinanciamento do Proxecto, a contía da mesma e o número da conta na que a Empresa domiciliará o desembolso da Achega CDTI e da Axuda prevista.

 

Formalización de operación de Prefinanciamento

 

     Nun prazo máximo de 20 días hábiles, dende a notificación da formalización da Achega CDTI, a Entidade Financeira e a Empresa formalizarán o Prefinanciamento acordado.

   
 Axudas e subvencións
30
DEC
Axudas comercio retallista e artesanal

ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesi&

29
DEC
Axudas para a execucin de accins de promocin exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas)

  RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se lle dá publicidade ao ac

29
DEC
Axudas promocin do emprego autnomo

ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a p

29
DEC
Axudas a novos emprendedores

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade ao acordo do Cons

¿Qué é a Cámara?  |  Perfil do Contratante  |  Contacto  Contacto  |  Aviso Legal    
Avda. Doctor Tourón, 46 • 36600 VILAGARCÍA DE AROUSA • Pontevedra • Tlf 986 56 52 86