|
Obxecto:
|
|
Esta Orde ten como obxecto establecer as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios e convocalas para o ano 2011
|
|
Beneficiarios:
|
|
Asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
|
|
Tamén poderán ser beneficiarios das axudas outorgadas nesta orde os titulares de explotacións de piscifactorías de troitas.
|
|
Liñas de seguros subvencionables e contía das axudas:
|
|
Para o ano 2011 queda establecida, para as liñas de contratación dos grupos establecidos no anexo que se achega á orde, do seguinte modo:
|
|
|
Para todas as liñas (agás as do grupo VII), unha porcentaxe sobre a axuda á contratación que lles conceda Enesa.
|
|
|
Para as liñas do grupo VII, correspondentes a seguros de cobertura de gastos derivados da destrución de animais bovinos mortos nas explotacións, e gastos derivados da destrución de animais non bovinos mortos nas explotacións, unha porcentaxe sobre o custo neto do seguro especificado no anexo.
|
|
A concorrencia das axudas non superarán as porcentaxes máximos establecidos nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario para atender ás posibles perdas causadas por desastres naturais e acontecementos de carácter natural ou por fenómenos climáticos adversos asimilables a desastres naturais. Para asegurar o cumprimento desta normativa, as subvencións terán os seguintes límites:
|
|
|
A subvención conxunta de Enesa e da Consellería del Medio Rural non poderá superar un límite xenérico do 80% do custo do seguro.
|
|
|
Existirán uns límites específicos sobre o custo do seguro das seguintes contías:
|
| |
 |
Seguros de explotación de gando do grupo IV: 65%
|
| |
|
Seguro de explotación de uva de vinificación: 67%
|
| |
|
Seguro combinado e de danos excepcionais de uva de vinificación: 65%
|
| |
|
Seguro de kiwi e cereixa: 74%
|
|
Prazo de presentación de solicitudes:
|
|
A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
|
|
|
|
Este resumo é meramente informativo. Prégase consulten a orde correspondente
|